2010/11/18 Antón Méixome <[email protected]> > Eu non lles mandaria ningún correo; e de mandalo pediríalles que > simplemente incluísen "Ourense" tamén como correcto, tanto para o nome > da cidade como para a provincia, dado que é obrigatorio nos usos > oficiais do castelán, que algo moi distinto de dicir que é obrigatorio > en castelán. É dicir, non argumentaría do estilo "Porque a Lei de > normalización lingüística di que ...." senón "É unha limitación do > corrector non recoller sequera os nomes oficiais dos lugares españois, > á parte de que se inclúan os nomes de uso tradicional en castelán", da > tradición tradutora castelá, si. > > O punto crucial é saber a que criterio atende o corrector. Á lingua > común? entón non o deben meter. Á lingua estándar ou formal? entón si > que o deben meter. > > É a mesma distancia que hai entre dicir Venezuela en galego, Veneçuela > en catalán ou Venezŭelo en esperanto (nomes tradicionais) e o nome > oficial de República Bolivariana de Venezuela (só en castelán, que > pode ser traducido). > > A mesma distancia que existe entre usar Galicia e Galiza (ambos > tradicionais pero só un oficial en galego), e outros nomes > tradicionais como Galiçia, Galizia, Galícia, 西班牙語, para cada un dos > idiomas que lle chaman así ao noso país. > > O «problema» da Wikipedia española é que non queren admitir os usos > oficiais como correctos, sobre todo respecto de topónimos > peninsulares, aplicando así criterios máis político-culturais que > lingüísticos só nestes casos. Aquí aplican criterios de lingua común, > mentres noutros topónimos (cfr. Bruselas) aplican criterios de lingua > estándar. > > Os usos oficiais determínaos a lexislación, os políticos e, como > sabemos pola nosa desgaciada historia, son decisións políticas e > continxentes, pero son usos lingüísticos coma os demais e forman parte > necesariamente da lingua ESTANDAR. Basicamente non recoñecelo é > problema seu e da súa RAE; e digo que é un problema da RAE porque é > unha institución oficial, político-lingüística, que debería equilibrar > criterios en lugar de ser voceiro de talibáns castellanistas. Nós > deberiamos estar por riba diso e de feito estamos cando escribimos > Xaén, ou pronunciamos 'ghaén' sabendo que o nome oficial é Jaén, igual > que os árabes lle chaman (خائنخائن) e algo deberon ter que ver no > nome. > > -Só é miña opinión- > > Eu concordo 100% co que dis. Outra cousa é que preferise que se empregasen sempre os topónimos orixinais na lingua propia sen andar a traducir (como recomenda a ONU, se non me trabuco), pero hoxe por hoxe só ten sentido esixir o uso do topónimo oficial en documentos oficiais. Iso sí, debería ser mais que suficiente para que tamén inclúan as denominacións oficiais no dicionario como correctas.
-- Xabier Villar
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

