Temos que presentar antes do 23 deste mes a programación de cursos e
actividades para o ano 2011. Gustaríanos que nos aportarades ideas para
cursos e ideas para outras actividades. Pensade que o que non incluamos
agora vai ser difícil facelo máis adiante.

Eu pensei en traer a algún "gran especialista", quen se vos ocorre que poida
(dos do estado español, ou portugueses) que poidan interesarnos e que temas
?

Falamos tamén de oficializar as trasnadas celebrando dúas ao ano, que vos
parece (é suxestión miña) que a 11a a fagamos no sur e a 11b , por exemplo
en Mugardos? (cito Mugardos xa que alí teremos, de seguro, moi boa acollida
se pensamos en facela durante as súas Xornadas de SwL ou durante o Kernel).

Replicamos o curso actual que estamos a facer na UDC en Vigo ?

Pensamos nunha macroxornada do tipo "Xornadas de tradutores
galego-lusofonos" ou "Xornada de tradutores ibéricos" en plan venres tarde
ata domingo de mañá ?
Esta sería unha acción que requiriría de moita axuda por parte de todos vos,
polo que precisaríamos dalgún compromiso pola vosa parte.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a