É "coiraza".

*(RAG) coiraza**s.f.* *1*. Armadura de coiro ou metal con que cubrían o
corpo os antigos guerreiros. *A espada atravesáralle a coiraza.* *2*.
Cuberta exterior dura que protexe o corpo de certos animais, como a
tartaruga. *O sapoconcho agachouse na coiraza.* *3*. Prancha de ferro ou
aceiro para protexer algo. *A coiraza do barco.*
*
*
*(estaviz) coiraça: *(2) Revestimento resistente que protege o corpo de
alguns animais.
*
*
"cacho" parece que ten outro uso:
*cacho2 s.m. 1. Recipiente redondo, baixo e de boca ancha. Bótalle-la comida
ás galiñas nun cacho. Bebiámo-lo viño do mesmo cacho. 2. Parte do esqueleto
externo dalgúns crustáceos (boi, centola, nécora, lagosta, lumbrigante,
etc.) que cobre o cefalotórax. Utiliza un cacho de centola como cinceiro.
*

2011/1/2 Lucia.Morado <lucia.mor...@ul.ie>

> Eu creo que é "cacho". Atopeino no diccionario da Xunta.
>
> -----Original Message-----
> From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On
> Behalf Of Fran Dieguez
> Sent: 02 January 2011 16:40
> To: Asociacion Trasno
> Subject: [tradución] turtle's shell
>
> Ola meus,
>
> estou coa tradución dun programa onde teño que traducir shell, non o
> terminal senón o caparazón dunha tartaruga.
>
> O problema e que o corrector ortográfico marca «caparazón» como inválido
> e busquei en dicionarios en liña e en ningún está.
>
> Polo que: como se di en galego «caparazon de tortuga» [ES]?
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a