Isto xa case valería como queixa formal :)

2011/1/11 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> O consumo de recurso non é o tema.
>
> Por favor consultade a páxina. Presentación e obxectivos
> http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2011_01_10_rexistro_demandantes.html
>
> Obrígase a usar unha tecnoloxía propietaria para navegar, sobre uns
> mapas privados cando hai servizos públicos dispoñibles.
> Obrígase a usar un SO privado e de pago cando os hai libres e que
> cumpren os estándares que a propia Administración promove.
> Obriga a instalar un soft. específico privado para algo que se pode
> facer con estándares abertos e con métodos alternativos accesibles e
> moito máis económicos.
>
> Veta o acceso aos cidadáns que non teñen eses recursos ao alcance, sen
> alternativa
> O anuncio trata precisamente de ofrecer información para o acceso aos
> servizos de banda larga á poboación que non a ten e aos que hai que
> presumirlles uns coñecementos de navegación e de recursos informáticos
> moi limitados
> Veta o acceso a esa información por calquera outro medio informativo
> igualmente a calquera Admón ou servizo público que non teña Windows ou
> Mac (eu estou nese caso precisamente)
> Limita o acceso á Administración municipal ao que se dirixe porque ao
> aloxar o mapa en google maps dependerá se tal conexión está autorizada
> no proxy da rede municipal (por exemplo o implantado pola Deputación
> da Coruña). Compromete aos administradores de sistemas a aceptar a
> instalación de software sobre o que non teñen control nin agora nin no
> futuro.
>
> Se o cidadán accede desde un computador público, dun ciber ou dun
> amigo, comprométeo ao instalarlle nese equipo, para o cal quizais non
> ten permiso un programa. Isto agrávase no sentido de que debería ser
> unha información actualizable e por tanto que haberia que consultala
> frecuentemente, probablemente desde difrentes equipos e situacións...
> e sempre habería que estar obtendo ese software, do que ninguén
> garante a súa seguridade, dispoiñibilidade ou fiabilidade.
>
> Malgasta recursos, tan escasos hoxe na Admón, para facer algo que non
> foi pedido nin é útil, nin crea valor ningún. Financiado con fondos
> europeos
> Non cumpre coa carta de dereitos dos cidadáns respecto do acceso aos
> servizos públicos
> Non cumpre coa propia declaracińo de principios de accesibilidade que
> a Xunta coloca nesa páxina, como se a cumprira
> Probablemente tampouco se usan mapas que respecten a toponimia
> oficial. Asunto clave tratándose de información oficial
>
> Ah, e non se vos ocorra premer sobre o botón de queixas e suxestións
> porque sae un gremlin do Ministerio de Idustria ou da Xunta e fai non
> se sabe que, grazas ao DNI electrónico... "Os usuarios sen cobertura
> poderán cubrir un formulario" ... é como?
>
> Bah! cánsome de describir esta metedura de pata, que lle pon o ramo
> das incongruencias directamente responsabilidade da SXMIT. En non sei
> se sodes conscientes da realidade a pé de concello rural e o río de
> euros que se están gastando.
>
> Menos mal que en Dodro, en pleno centro da columna vertebral da
> Galicia avanzada, unha graciosa compañía internacional ofrece
> conexións vía satélite.
>
>
>
>
> 2011/1/11 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
>> E tamén que o Google Earth executándose no navegador consume máis que o
>> maps.
>>
>> 2011/1/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>
>>> 2011/1/11 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
>>> > Eu podo acceder á outra información, pero non ao goole Earth!
>>> >
>>>
>>> Será realmente necesario usar Google Earth? Non lles valeria o simple
>>> Google Maps?
>>>
>>> > 2011/1/11 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>> >>
>>> >> Hai que denunciar isto publicamente.
>>> >>
>>> >> Non podo acceder á información !!!!
>>> >>
>>> >> http://cobertura-pdbl.xunta.es/
>>> >>
>>> >> 10/01/11 (14:25) A Secretaría Xeral de Modernización pon en marcha un
>>> >> rexistro de demandantes para consultar a situación de cobertura do
>>> >> Plan de Banda Larga .
>>> >>
>>> >> _______________________________________________
>>> >> Proxecto mailing list
>>> >> Proxecto@trasno.net
>>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >>
>>> >
>>> >
>>> >
>>> > --
>>> > http://trasno.net/
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> > http://www.jabberes.org/
>>> > aovi...@jabberes.org
>>> >
>>> > Un saúdo!
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Proxecto mailing list
>>> > Proxecto@trasno.net
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>> --
>> http://trasno.net/
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> http://www.jabberes.org/
>> aovi...@jabberes.org
>>
>> Un saúdo!
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a