2011/1/24, Miguel Solla <[email protected]>: > Non consigo nin remotamente facerme unha idea do que estás facendo, pero > traballar con máis dun dicionario é relativamente doado:
Pois basicamente é un uso en lote de hunspell mediante enchant e este mediante uns scripts escritos en Python, adicados á QA, chamados pology. Un deles notifica dos erros ortográficos que hai contra un dicionario estándar dun determinado idioma máis contra os dicionarios temáticos específicos que queiras. Estaba probando cun dicionario con nomes de diferentes softwares. E ao usar estes dicionarios é onde ven o problema. Creo que o problema está relacionado co formato deses ficheiros de dicionario persoal. Pology pide usar o formato de aspell. http://www.eloihr.net/ksvnupdater/index.php?page=main > O comportamento do exemplo que comentas é realmente estraño. Hunspell non se > comporta así. Algo vai mal no dicionario que creaches (deixa de funcionar > facilmente con calquera erro de sintaxe, podes probalo primeiro no editor de > texto ou no OpenOffice) ou algún script produce un comportamento anómalo. En fin, abandono temporalmente este tema, e paso a concentrarme nas miñas labores como coord (que teño uns ficheiros agardando desde hai unha semana ou +) e ás regras (onte fixen un estrago e agardo non ter dado un paso atŕas) _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

