Ánimo Antón.

Calquera cousa, xa cha envío directamente a ti.

Grazas por todo.

Saúdos.

2011/3/29 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Pídovos que a partir de hoxe contactedes comigo para calquera cuestión
> que teña que ver co seguimento do proxecto do hunspell galego.
> Con esta iniciativa asumo o ofrecemento que fixo a OTFLOSS ao
> presidente de Trasno.
>
> O hunspell-gl ten neste momento as regras sen actualizar desde hai
> anos, a pesar do desenvolvemento recente, pero nin sequera se pode
> acceder aos ficheiros estables actuais
>
> https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=168
>
> Tampouco hai ningunha xestión, recollida ou comentario sobre erros,
> eivas ou suxestións que se van ciscando en diversos foros, wikis,
> listas, etc. e ademais estase distribuíndo
> dúas versións do corrector (o que vén predeterminado en Linux e o que
> se instala mediante complementos), non hai ningunha comunicación co
> proxecto orixinal.
>
> Aproveito a ocasión do DFD para chamar a atención sobre este proxecto
> que necesita a colaboración e o mellor entendemento por ser unha
> ferramenta básica transversal.
> A mellor que temos en galego.
>
> Espero contribuír a mellorar esta situación.
>
> Antón Méixome
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a