Pídovos que a partir de hoxe contactedes comigo para calquera cuestión que teña que ver co seguimento do proxecto do hunspell galego. Con esta iniciativa asumo o ofrecemento que fixo a OTFLOSS ao presidente de Trasno.
O hunspell-gl ten neste momento as regras sen actualizar desde hai anos, a pesar do desenvolvemento recente, pero nin sequera se pode acceder aos ficheiros estables actuais https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=168 Tampouco hai ningunha xestión, recollida ou comentario sobre erros, eivas ou suxestións que se van ciscando en diversos foros, wikis, listas, etc. e ademais estase distribuíndo dúas versións do corrector (o que vén predeterminado en Linux e o que se instala mediante complementos), non hai ningunha comunicación co proxecto orixinal. Aproveito a ocasión do DFD para chamar a atención sobre este proxecto que necesita a colaboración e o mellor entendemento por ser unha ferramenta básica transversal. A mellor que temos en galego. Espero contribuír a mellorar esta situación. Antón Méixome _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

