Boas a todos. Mañá tiña pensado que os alumnos do Fiadeiro se rexistraran na lista de Trasno e ver se conseguimos que interactuan con todos vos ao longo do día e sobre todo sábado a mañá que é cando temos a parte forte do curso.
Así que lle pido ao responsable da lista, que estea atento e que aprobe as solicitudes para que poidan recibir mensaxes e envialas. E os que teñan tempo que contesten as dúbidas do curso. Tanto mañá como o sábado, pero especialmente o sábado. Mañá teremos curso de 12 a 15. E o sábado, intensivo de 10 a 19. Tamén vamos a usar a canle do irc de Trasno. http://webchat.freenode.net/?nick=&channels=trasno Mañá, de 13 ata as 15, estará Antón respondendo as dúbidas que lles xurdan. Se alguén se anima, tamén se agradece. Calquera suxestión sobre a comunidade ou sobre que pode ser interesante contarlles, lanzádea aquí, para darlles a máxima información posible sobre localización. Un saúdo. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

