Ola. O sábado no Fiadeiro, buscase que pasen un bo rato, que se divirtan traducindo e vamos ter unha mesa de ping pong e tamén unhas colchonetas para que se se cansan poidan saír e desconectar un pouco. Na primeira edición tivemos o stepmanía. Creo que a xente de Inestable ten un, estaría ben falar con eles e saber se estarían dispostos a mandar a algún membro seu a montalo e pasar o día connosco. Xa que se tería que encargar de montalo e configuralo.
Antón tamén me suxeriu, o tema o galeoke. Se alguén sabe onde conseguir un e pode axudar ese día coa súa posta en marcha, estaría xenial. Soamente lle podemos ofrecer café a media mañá e comida a base de pinchos co xente do curso. Descartase que veña xente en grupo. Se alguen pode botar unha man con algunha destas dúas cousas e o pode confirmar ao longo da mañá do xoves, perfecto. Un saúdo. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto