Agora xa o teño máis claro. Non se trata do carácter de espazo irrompible senón dos tres puntos suspensivos. Como non se trata dun problema de terminoloxía senón de codificación edito o asunto deste fío.
A explicación é que seguramente estás editando o ficheiro sobre Windows e este non representa ben ese carácter debido á táboa de caracteres que manexa ou quizais á combinación entre a ferramenta de tradución que empregues (será OmegT e ese mesmo SO. De feito eu en Ubuntu, usando a ferramenta Virtaal vexo o carácter perfectamente sen cousas raras. En resumo, á cuestión de se o debes traducir podemos dicir que si, porque forma parte da cadea de tradución. Como traducila? Simplemente asegurarse de que se utiliza ese carácter especial, que corresponde co Unicode U+2026 e non tres puntos seguidos independentes U+2026 = … http://www.fileformat.info/info/unicode/char/2026/index.htm En Windows, escríbense con Alt+0133 En html … ou … or … Dime se che resolve o problema. Un saúdo, Antón 2011/4/5 Sandra Gavino <[email protected]>: > > Trátase do aplicativo OCRfeeder. > > Tamén atopei agora algo semellante: > > Custom… > > Un saúdo. > > > El 05/04/2011 10:44, Antón Méixome escribió: >> >> 2011/4/5 Sandra Gavino<[email protected]>: >>> >>> Bos días!! >>> >>> Estou traducindo OCR e atopeime co seguinte: >>> >>> _Save As… >>> >>> Please wait… >>> >>> … debe ser traducido????? >>> >>> Un saúdo e moitas gracias!! >> >> Poderías indicar o nome do aplicativo que estás a traducir? >> >> Non estou seguro pero creo que se trata dun erro de >> codificación/interpretación dun carácter en UTF-8. Especialmente se se >> trata dun ficheiro estruturado en xml ou compilado en Java. Se a miña >> suposición é incorrecta corresponderíase cun carácter que indica un >> "espazo irrompíbel". É dicir, que resulta ser un carácter >> malinterpretado. >> >> Creo que se solucionaría substituíndo ese carácter por un "espazo en >> branco", simplemente. >> >> >> >>> >>> El 02/04/2011 13:26, Sandra Gavino Fernández escribió: >>> >>> Estamos traducindo gummi, aplicativo de LaTeX, e temos duda en: >>> >>> Tab trigger >>> >>> Duplicate activation tab trigger dectected! >>> (nos traducimos por: Detectouse unha activación por duplicado do >>> activador >>> de separador!) >>> >>> Un saúdo. >>> >>> _______________________________________________ Proxecto mailing list >>> [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >>> >> > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

