Despois de formularlle unha dúbida ao noso insigne (é oficial :-D) lingüista fixo unha das súas "aclaratorias" que creo que é preciso compartir.
A miña pregunta: *Bótalle un ollo a isto... son as tradus de LibreOffice para a interface Unity teño a dúbida na última... puxen cousas como: Base de datos nova, teño para min que quedaría mellor Nova Base de datos, mais teño a dúbida dese B de base, maiúsculo ou minúsculo ? * É algo que me veño preguntando ultimamente Por que soa peor ler nos menús dun aplicativo "Ficheiro novo" e soa mellor "Novo ficheiro". En principio vai contra o sentido normal da lingua... pero creo que a clave é que non son o mesmo. Preferir "ficheiro novo" é unha recomendación de estilo moi antiga, que xeralmente se pode aceptar como a forma máis natural, menos marcada, pero nestes casos creo que non. Entramos noutro terreo. Por un lado temos o estilo sintético, nominativo, case telegráfico que nos fai prescindir do verbo correspondente. (Crear/Abrir un) Novo ficheiro <<<isto non é unha descrición senón unha orde>> Isto quere dicir que é "outro máis", que se vai incorporar algo do mesmo tipo pero unha novidade Este é un ficheiro novo <<isto é unha descrición>> Isto quere dicir que o ficheiro é recente, actual, que ten pouco tempo. Así que "abrir un ficheiro novo" quere dicir que os vellos non os buscamos para abrir. Non é iso o que queremos expresar. En resumo que son dous valores sutilmente diferentes do adxetivo "novo" xunto co feito de encontrarse en frases de distinta intención (imperativa --facer-- /afirmativa --ser--). Por aí tería sentido que aos nosos oídos o valor de executar unha acción, que engade ou incorpora algo sería "novo+alcalde" que é moi distinto de ser "alcalde+novo". Non é mesmo dicir "está facendo unha nova actividade" (como continuación dunha serie) que "está facendo unha actividade nova" (non vista ata agora). O complicado é que os falantes xogamos coa énfase e o "peso" expresivo pero creo que se entende. O que me facía desconfiar é o feito de que o castelán preferise esta mesma colocación. Como o castelán é unha lingua dominante que interfire na nosa sintaxe de modo grave... pois iso, pero despois de ver que os brasileiros fan exactamente a mesma construción xa me convenzo que non se trata dunha perversión moderna é que é o adecuado para nós. Facer o contrario sería caer no outro extremo, a "hipercorrección". Noutro correo engade... -- /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto