Por min perfecto en Ourense. Incluso podo botar unha man na loxística e
organización por aló xa que vou moi a miúdo e incluso varios membros de
OusLi e OpenHost poderían axudar.

Hai un local de asociacións moi bo para estas cousas. Tería que
preguntar se hai wifi e demais pero no caso de non haber podo conseguir
un router 3G.

Saúdos
-- 
Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

O Lun, 18-04-2011 ás 12:32 +0200, Miguel Branco escribiu:
> Ola trasnego/as
> 
> 
> Como sabedes na asociación debemos ter dúas asembleas por ano, así que
> en nada deberiamos celebrar a primeira. Propoño por iso xuntar a
> asemblea cunha nova Trasnada, a cal temos posibilidade de celebrar en
> debidas condicións. Ademais, o día das letras galegas parece unha data
> ideal. E como as provincias do interior son as que sempre temos
> esquecidas, gustariame que esta asemblea/trasnada fora en Ourense ou
> Lugo.  Organizativamente o máis viable agora é Ourense. 
> 
> 
> Co cal, que vos parece celebrar a trasnada e asemblea en Ourense ou 14
> ou 21 de Maio?. En canto decidamos isto, convocarei a asemblea de
> modo. 
> 
> 
> A páxina wiki do evento é esta: http://wiki.trasno.net/Trasnada_11.0 .
> Ide editando segundo queirades. 
> 
> 
> Como nota, o número de edición das trasnadas está posto
> provisionalmente. Collín a idea da numeración de distros coma
> Mandriva. Acéptanse suxerencias de cambio :)
> 
> 
> Veña, que nun mes vémonos todos!
> 
> 
> Saúdos, 
> Miguel
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a