Ola a todos. Xa fai unhas semanas, un día a noite tomando algo coñecín a un desenvolvedor de Software, concretamente traballa co ERP OpenERP. El traballa nunha empresa de Santiago e está en contacto coa outra empresa que traballa e aposta firmemente por este ERP, Pexego, que son de Lugo.
Falando con el, comentoume que eles traducen dito ERP ao galego, que están rexistrados en Launchpad. O seu usuario é: https://launchpad.net/~daviddiz e comenteilles de Trasno e dos consensos que tenta levar a práctica a comunidade galega de localización. Pareceulle moi interesante o da Trasnada e que estaría interesado en participar. Tamén lle dixen que lle ía falar deles ao coordinador de Ubuntu, Bouzada, para que soubera deles. Hoxe volvín a escribirlle e comenteille o da Trasnada e que se rexistrara en Trasno e se presentase. A ver en que queda a cousa. Un saúdo. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

