Abro unha nova etiqueta para os correos, xa que creo que vai a seren usada
con moita frecuencia.

Xa podemos facer público o que vai seren o futuro de Abalar; deixará de
estar baseado en Ubuntu e pasará estar baseado en Debian (agora Squeeze).

A empresa Tegnix e quen leva o desenvolvemento desta personalización de
instalación. Eu xa levo un tempo colaborando con eles neste traballo e, como
é lóxico, sendo a quen preguntan de cada vez que teñen problemas coas
traducións dos paquetes.

Desde Tegnix propúxosenos que colaborásemos con eles no tema das traducións
e que viramos a forma de mantelas actualizadas e revisadas, proposta que
aceptamos e na que creemos que todos deberiamos arrumbar o lombo.

De aquí a uns días (unha vez se acorde) farase un comunicado conxunto
/Tegnix/Trasno falando desta colaboración.

Sirva este correo para pedirvos a todo/as un esforzo en revisar e manter a
base de Debian, así como os paquetes que se precisan para esta distro en
particular.

Nun principio... pido axuda aos que vos apañades cos aplicativos de química
para revisar e completar o GPeriodic (si, xa sabemos que Avogadro... mais
insisten en ter tamén o GPeriodic) despois de buscar onde estarían os «src»
grazas a «Pardus» atopámolos en http://www.frantz.fi/software/gperiodic.php.
Eu traducín bastante, mais estou limitado en terminoloxía e quedan unhas 160
liñas por traducir e non estaría de máis que se fixera unha revisión do meu
traballo... tendes o xa feito en:
http://gruvi.galpon.org/minino/traducions/GPeriodic/. unha vez feito o
traballo podedes enviarmo a min e xa eu o tramito ...

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a