Antón,

Moi boa nova!

E grazas pola tradución.

aps.
RB

2011/6/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Isto creo que é moi relevante para Galicia. O acceso á Internet global en
> Galicia non é algo que debamos agradecer senón un dereito (que conleva
> responsabilidades) que debemos esixirlle ao noso Goberno. Non só é acceder
> senón a que e como. Desde o pdv xurídico un dereito humano é algo moi serio
> e entra directamente baixo a protección dos tribunais.
>
> Ademais dos aspectos obvios sobre a censura do dereito de expresión e o
> control de acceso, que resultan prohibidos, o feito de que se considere
> obriga do Estado proporcionar GARANTÍAS dun acceso significativo:
> infraestrutura, formación e contidos.
>
> No caso galego iso implica esixir programas cobertura para todo o
> territorio, formación permanente para toda a poboación e contidos e servizos
> en galego para o desenvolvemento normalizado da nosa cultura.
>
>
> ==Un extracto traducido==
>
>
> Acceso a Internet e infraestrutura necesaria
>
> Dado que a Internet se converteu nunha ferramenta indispensable para
> realizar unha serie de dereitos humanos, a loita contra a desigualdade, e a
> aceleración do desenvolvemento e o progreso humano, o aseguramento do acceso
> universal á Internet debe ser unha prioridade para todos os Estados. Cada
> Estado debe, polo tanto, desenvolver unha política concreta e efectiva, en
> coordinación con individuos de todos os sectores da sociedade, incluído o
> sector privado e os ministerios gobernamentais relevantes, para facer da
> Internet algo amplamente dispoñible, accesible e próximo a todos os
> segmentos da poboación.
>
> A nivel internacional, o relator especial reitera o seu chamado aos estados,
> en especial aos Estados desenvolvidos, para honrar o seu compromiso,
> expresado en particular na   Acta do milenio, e facilitar a transferencia de
> tecnoloxía aos estados en desenvolvemento, e para integrar programas
> eficaces co fin de facilitar acceso universal á Internet nas súas políticas
> de desenvolvemento e asistencia.
>
> Respecto dos estados onde a infraestrutura de acceso á Internet está
> presente, o relator especial anima a apoiar as iniciativas para garantir que
> se poida acceder de forma significativa á información en liña  por parte
> todos os sectores da poboación, o que inclúe ás persoas con discapacidade e
> persoas pertencentes a minorías lingüísticas.
>
> Os Estados deben incluír as competencias de alfabetización de Internet no
> currículo escolar, e apoiar módulos de aprendizaxe semellantes fóra das
> escolas. Ademais da formación de competencias básicas, os módulos deben
> aclarar os beneficios do acceso á información en liña e de forma responsable
> contribuíndo con información. O adestramento tamén pode axudar a xente a
> aprender como protexerse contra contidos nocivos, e explicar as
> consecuencias potenciais de revelar datos particulares na Internet.
>
>
> http://documents.latimes.com/un-report-internet-rights/
> _______________________________________________
> Guls mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
>
>



-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://brenlla.tegnix.com
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org
Identi.ca, Jabber.org, ekiga.net, GTalk, Twitter... => brenlla
GNU/Linux user #124.437 since 1997
Licensed Economist and Free Software advocate focused on expanding
the benefits of free knowledge transmission for a fast-growing
democratic society.
So, please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt and/or .pptx
---
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a