Isto creo que é moi relevante para Galicia. O acceso á Internet global en Galicia non é algo que debamos agradecer senón un dereito (que conleva responsabilidades) que debemos esixirlle ao noso Goberno. Non só é acceder senón a que e como. Desde o pdv xurídico un dereito humano é algo moi serio e entra directamente baixo a protección dos tribunais.
Ademais dos aspectos obvios sobre a censura do dereito de expresión e o control de acceso, que resultan prohibidos, o feito de que se considere obriga do Estado proporcionar GARANTÍAS dun acceso significativo: infraestrutura, formación e contidos. No caso galego iso implica esixir programas cobertura para todo o territorio, formación permanente para toda a poboación e contidos e servizos en galego para o desenvolvemento normalizado da nosa cultura. ==Un extracto traducido== Acceso a Internet e infraestrutura necesaria Dado que a Internet se converteu nunha ferramenta indispensable para realizar unha serie de dereitos humanos, a loita contra a desigualdade, e a aceleración do desenvolvemento e o progreso humano, o aseguramento do acceso universal á Internet debe ser unha prioridade para todos os Estados. Cada Estado debe, polo tanto, desenvolver unha política concreta e efectiva, en coordinación con individuos de todos os sectores da sociedade, incluído o sector privado e os ministerios gobernamentais relevantes, para facer da Internet algo amplamente dispoñible, accesible e próximo a todos os segmentos da poboación. A nivel internacional, o relator especial reitera o seu chamado aos estados, en especial aos Estados desenvolvidos, para honrar o seu compromiso, expresado en particular na Acta do milenio, e facilitar a transferencia de tecnoloxía aos estados en desenvolvemento, e para integrar programas eficaces co fin de facilitar acceso universal á Internet nas súas políticas de desenvolvemento e asistencia. Respecto dos estados onde a infraestrutura de acceso á Internet está presente, o relator *especial anima a apoiar as iniciativas para garantir que se poida acceder de forma significativa á información en liña por parte todos os sectores da poboación, o que inclúe ás persoas con discapacidade e persoas pertencentes a minorías lingüísticas. * *Os Estados deben incluír as competencias de alfabetización de Internet no currículo escolar, e apoiar módulos de aprendizaxe semellantes fóra das escolas. *Ademais da formación de competencias básicas, os módulos deben aclarar os beneficios do acceso á información en liña e de forma responsable contribuíndo con información. O adestramento tamén pode axudar a xente a aprender como protexerse contra contidos nocivos, e explicar as consecuencias potenciais de revelar datos particulares na Internet. http://documents.latimes.com/un-report-internet-rights/
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

