Ola Antón,

Voulle transmitir o malestar á vicerreitoría da que dependa a Oficina.

Un saúdo.
    Felipe.

On 23/06/11 11:33, Antón Méixome wrote:
Parece que a OSL de Vigo empeza a ter incluso unha páxina web. Impresionante!!

A min chámame a atención que todas as últimas novas  non están escritas en galego, como é a norma oficial dos estatutos da Universidade de Vigo. As primeiras si que o estaban.
Se algún de vós estades relacionados sería de agradecer un toque de atención ao cumprimento de deberes claves.  Para garantir iso está os propios estatutos, o Plan de normalización da Universidade e a Área de normalización Lingüística.

Que está pasando, van por libre estas 7 persoas que traballan aí?

Estatutos UVigo

Artículo 4
1. El gallego es la lengua propia de la Universidad de Vigo y, por lo tanto, es la lingua de uso normal en sus actividades. El gallego, como lengua propia, es la lengua oficial de la universidad, como también lo es el castellano, oficial en todo el Estado.
2. La Universidad de Vigo promoverá, de acuerdo con sus competencias, líneas de actuación que contribuyan al uso pleno de la lengua gallega en todas sus actividades docentes, investigadoras, administrativas y de servicios.

Artigo 13
f) A aplicación das directrices da Universidade de Vigo sobre normalización lingüística.


Esas "directrices" son as que establece o Plan de normalización da Uvigo de 2004

Plan de normalización lingüística da Uvigo

OBXECTIVO ESPECÍFICO 4
Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para difundir a información e para dinamizar
a lingua galega.

ACCIÓNS:
1. Seguir desenvolvendo a páxina web da Área de Normalización Lingüística como espazo de información e
documentación.
2. Seguir desenvolvendo aplicacións e actividades que utilicen as novas tecnoloxías, principalmente na formación e
autoformación, no asesoramento e na dinamización da lingua.
3. Proporcionarlle á comunidade universitaria produtos informáticos en galego, e colaborar no desenvolvemento
deste tipo de ferramentas e aplicacións.

3. Dispoñer dunha versión en lingua galega, que será a versión principal e por defecto, de todos os sitios e páxinas web
institucionais (administración, servizos, centros, departamentos, etc.).

4. Establecer que o uso oral institucional sexa en galego na relación cos usuarios/as.

3. Fomentar que os cursos e as actividades de formación  organizados polos servizos da Universidade de cara a toda a
comunidade universitaria se desenvolvan en galego, facilitando os medios e o asesoramento preciso.
4. Dispoñer de versións en galego dos sistemas operativos e dos programas que se utilicen na xestión e traballo da
Universidade, caso do sistema de xestión de bibliotecas e do catálogo de materias.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a