Parece que a OSL de Vigo empeza a ter incluso unha páxina web.
Impresionante!!

A min chámame a atención que todas as últimas novas  non están escritas en
galego, como é a norma oficial dos estatutos da Universidade de Vigo. As
primeiras si que o estaban.
Se algún de vós estades relacionados sería de agradecer un toque de atención
ao cumprimento de deberes claves.  Para garantir iso está os propios
estatutos, o Plan de normalización da Universidade e a Área de normalización
Lingüística.

Que está pasando, van por libre estas 7 persoas que traballan aí?

Estatutos UVigo

Artículo 4
1. El gallego es la lengua propia de la Universidad de Vigo y, por lo tanto,
es la lingua de uso normal en sus actividades. El gallego, como lengua
propia, es la lengua oficial de la universidad, como también lo es el
castellano, oficial en todo el Estado.
2. La Universidad de Vigo promoverá, de acuerdo con sus competencias, líneas
de actuación que contribuyan al uso pleno de la lengua gallega en todas sus
actividades docentes, investigadoras, administrativas y de servicios.

Artigo 13
f) A aplicación das directrices da Universidade de Vigo sobre normalización
lingüística.


Esas "directrices" son as que establece o Plan de normalización da Uvigo de
2004

Plan de normalización lingüística da Uvigo

OBXECTIVO ESPECÍFICO 4
Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para difundir
a información e para dinamizar
a lingua galega.

ACCIÓNS:
1. Seguir desenvolvendo a páxina web da Área de Normalización Lingüística
como espazo de información e
documentación.
2. Seguir desenvolvendo aplicacións e actividades que utilicen as novas
tecnoloxías, principalmente na formación e
autoformación, no asesoramento e na dinamización da lingua.
3. Proporcionarlle á comunidade universitaria produtos informáticos en
galego, e colaborar no desenvolvemento
deste tipo de ferramentas e aplicacións.

3. Dispoñer dunha versión en lingua galega, que será a versión principal e
por defecto, de todos os sitios e páxinas web
institucionais (administración, servizos, centros, departamentos, etc.).

4. Establecer que o uso oral institucional sexa en galego na relación cos
usuarios/as.

3. Fomentar que os cursos e as actividades de formación  organizados polos
servizos da Universidade de cara a toda a
comunidade universitaria se desenvolvan en galego, facilitando os medios e o
asesoramento preciso.
4. Dispoñer de versións en galego dos sistemas operativos e dos programas
que se utilicen na xestión e traballo da
Universidade, caso do sistema de xestión de bibliotecas e do catálogo de
materias.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a