2012/1/28 Susana Brandariz <[email protected]> > Ben, a verdade é que tanta información nova desbordoume un pouco e > botei uns cantos días revisando a vosa páxina, o curso da UDC (para cando > outro?) >
Previsiblemente para este ano non se faga. Mais podemonos ir plantexando pequenas quedadas para ensinar o básico, non trasnegos?. > e descargando programas que manexo aínda con dificultade... pero penso que > a mellor forma de aprender é poñerse mans á obra e agora si que teño tempo > suficiente para comprometerme, e tamén equipo noviño. > > O problema é que me parecen todas as propostas moi tentadoras: colaborar > con Ubuntu porque comezo a coñecelo... aínda que supoño que xa estará case > todo feito (síntoo Miguel que non cheguei a contestarche), practicar para > conseguir desenvolverme ben co OmegaT, o Lokalize, o LibreOffice, as > páxinas web que non son difíciles :-) > Polo que dis, paréceme boa idea que comeces a colaborar no grupo de Gnome ou Ubuntu a traducir. Agora tócalles ós que leven esas traducións que che indiquen como colaborar. Supoño que agora estaredes liados co da asemblea, pero en canto algún poida > darme indicacións comezo con algo... o que sexa máis urxente primeiro claro > e despois xa me ides dicindo. > > Saúdos. > Susana > > > Date: Thu, 12 Jan 2012 11:09:14 +0100 > From: Miguel Bouzada <[email protected]> > Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO > neste momento teño dúas urxencias que reservaba para quen queira > iniciarse, Openbox e Obconf, a importancia ven dada por seren básicos para > LXDE e que será o xestor de xanelas da vindeira Minino > Estes dous .pot hai que traducilos en local, podes empregar > calquera ferramenta... Lokalize, OmegaT, Virtaal, Poedit, GTranslator... ou > incluso > podes facelo en modo texto. > Bótallesun ollo en: > > http://git.icculus.org/?p=mikachu/openbox.git;a=blob_plain;f=po/openbox.pot;hb=backport > > http://git.icculus.org/?p=dana/obconf.git;a=blob_plain;f=po/obconf.pot;hb=HEAD > > Se te animas, xa che imos indicando cal é a mellor forma. > > Date: Wed, 11 Jan 2012 16:24:53 +0100 > From: Enrique Estévez Fernández <[email protected] > Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO > Como xa sabrás, eu encargome de Mozilla, e non estou moi sobrado de > axuda, preciso moita colaboración, polo menos no que se refire a > tradución das páxinas web do proxecto ou promocionais da fundación. > > Se che gusta traducir páxinas web de promoción e bastante visíbeis, sería > un bo lugar no que colaborar, pero son cousas que teñen bastante > urxencia cando saen. Creo que non son moi difíciles e en > principio tradúcese co OmegaT. Eu pasaríache o proxecto creado e cos > recursos > que precisas. Da revisión, sobre todo técnica e do envío de volta > ao proxecto xa me encargaría eu como coordinador. > > Date: Wed, 11 Jan 2012 15:45:52 +0100 > From: mvillarino <[email protected]> > Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO > > Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se > empregas algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás > interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo). > > > Date: Wed, 21 Dec 2011 21:01:07 +0100 > From: Antón Méixome <[email protected]> > Subject: Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA > > a suite LibreOffice que eu coordino está perfectamente aberta e hai unha > chea de traballo por todos os lados (viría moi ben unha man especialmente > coa web e o wiki) http://gl.libreoffice.org/home/ > > > Gnome tamén está moi ben como proxecto, aínda que "calculo" se necesite > máis a axuda en KDE (temos o 100% de Gnome fronte a un 76% de > KDE actualmente). > > Ademais están os propios sistemas de Trasno (web, wiki, etc) ondetamén > sería de agradecer algunha dedicación para sermos máis > accesibles e útiles, como ti ben que notaches. > > > Date: Wed, 21 Dec 2011 15:00:28 +0000 > From: Susana Brandariz <[email protected]> > Subject: COLABORAR COMO VOLUNTARIA > > Saúdos > > Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto (Ubuntu, > Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven > botando unha ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda que > algunhas ligazóns están rotas. > > Non entendo moi ben se debo solicitar que se me asigne unha tradución que > non estea feita, ou facer primeiro unha "proba" para ser admitida, ou me > teño que unir a un grupo, ou é mellor que me poña en contacto co > coordinardor... > > A miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e > filoloxía inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por > iso agora estou facendo un ciclo superior de fp. > > Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. > Grazas > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

