Aínda que en Ubuntu fai falta moita axuda, creo que é máis importante
traballar en "upstream2, así que ...  desde ubuntu prefiro que axude en
gnome :)

2012/1/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> 2012/1/28 Susana Brandariz <susana_branda...@hotmail.com>
>
>>       Ben, a verdade é que tanta información nova desbordoume un pouco e
>> botei uns cantos días revisando a vosa páxina, o curso da UDC (para cando
>> outro?)
>>
>
> Previsiblemente para este ano non se faga. Mais podemonos ir plantexando
> pequenas quedadas para ensinar o básico, non trasnegos?.
>
>
>> e descargando programas que manexo aínda con dificultade... pero penso
>> que a mellor forma de aprender é poñerse mans á obra e agora si que teño
>> tempo suficiente para comprometerme, e tamén equipo noviño.
>>
>> O problema é que me parecen todas as propostas moi tentadoras: colaborar
>> con Ubuntu porque comezo a coñecelo... aínda que supoño que xa estará case
>> todo feito (síntoo Miguel que non cheguei a contestarche), practicar para
>> conseguir desenvolverme ben co OmegaT, o Lokalize, o LibreOffice, as
>> páxinas web que non son difíciles :-)
>>
>
> Polo que dis, paréceme boa idea que comeces a colaborar no grupo de Gnome
> ou Ubuntu a traducir. Agora tócalles ós que leven esas traducións que che
> indiquen como colaborar.
>
>  Supoño que agora estaredes liados co da asemblea, pero en canto algún
>> poida darme indicacións comezo con algo... o que sexa máis urxente primeiro
>> claro e despois xa me ides dicindo.
>>
>> Saúdos.
>> Susana
>>
>>
>> Date: Thu, 12 Jan 2012 11:09:14 +0100
>> From: Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>> Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
>> neste momento teño dúas urxencias que reservaba para quen queira
>> iniciarse, Openbox e Obconf, a importancia ven dada por seren básicos para
>> LXDE e que será o xestor de xanelas da vindeira Minino
>> Estes dous .pot hai que traducilos en local, podes empregar
>> calquera ferramenta... Lokalize, OmegaT, Virtaal, Poedit, GTranslator... ou
>> incluso
>> podes facelo en modo texto.
>> Bótallesun ollo en:
>>
>> http://git.icculus.org/?p=mikachu/openbox.git;a=blob_plain;f=po/openbox.pot;hb=backport
>>
>> http://git.icculus.org/?p=dana/obconf.git;a=blob_plain;f=po/obconf.pot;hb=HEAD
>>
>> Se te animas, xa che imos indicando cal é a mellor forma.
>>
>> Date: Wed, 11 Jan 2012 16:24:53 +0100
>> From: Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com
>> Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
>> Como xa sabrás, eu encargome de Mozilla, e non estou moi sobrado de
>> axuda, preciso moita colaboración, polo menos no que se refire a
>> tradución das páxinas web do proxecto ou promocionais da fundación.
>>
>> Se che gusta traducir páxinas web de promoción e bastante
>> visíbeis,  sería un bo lugar no que colaborar, pero son cousas que teñen
>> bastante
>> urxencia cando saen. Creo que non son moi difíciles e en
>> principio tradúcese co OmegaT. Eu pasaríache o proxecto creado e cos
>> recursos
>> que precisas. Da revisión, sobre todo técnica e do envío de volta
>> ao proxecto xa me encargaría eu como coordinador.
>>
>> Date: Wed, 11 Jan 2012 15:45:52 +0100
>> From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
>> Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
>>
>> Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se
>> empregas algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás
>> interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo).
>>
>>
>> Date: Wed, 21 Dec 2011 21:01:07 +0100
>> From: Antón Méixome <cert...@certima.net>
>> Subject: Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA
>>
>> a suite LibreOffice que eu coordino está perfectamente aberta e hai unha
>> chea de traballo por todos os lados (viría moi ben unha man especialmente
>> coa web e o wiki) http://gl.libreoffice.org/home/
>>
>>
>> Gnome tamén está moi ben como proxecto, aínda que "calculo" se necesite
>> máis a axuda en KDE (temos o 100% de Gnome fronte a un 76% de
>> KDE actualmente).
>>
>> Ademais están os propios sistemas de Trasno (web, wiki, etc) ondetamén
>> sería de agradecer algunha dedicación para sermos máis
>> accesibles e útiles, como ti ben que notaches.
>>
>>
>> Date: Wed, 21 Dec 2011 15:00:28 +0000
>> From: Susana Brandariz <susana_branda...@hotmail.com>
>> Subject: COLABORAR COMO VOLUNTARIA
>>
>> Saúdos
>>
>> Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto (Ubuntu,
>> Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven
>> botando unha ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda
>> que algunhas ligazóns están rotas.
>>
>> Non entendo moi ben se debo solicitar que se me asigne unha tradución que
>> non estea feita, ou facer primeiro unha "proba" para ser admitida, ou me
>> teño que unir a un grupo, ou é mellor que me poña en contacto co
>> coordinardor...
>>
>> A miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e
>> filoloxía inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por
>> iso agora estou facendo un ciclo superior de fp.
>>
>> Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar.
>> Grazas
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a