Coñecedes esta ferramenta dos nosos colegas de Softcatalá? http://www.softcatala.org/wiki/Projectes/Catalanitzador_per_al_Windows
É de código libre GPL e, se houbese xente para facer a adaptación sería sumamente interesante de cara ao 17 de maio noso. Un dos grandes problemas que temos para visibilizar e promover o galego no software é que a xente ten o windows en galego e así moitos non chegan a instalar nunca as versións en galego de LibreOffice, Gimp, Firefox, etc porque o navegador os leva ás versións en castelán. Quizais colaborando por medio de GalegoLab para conseguir maior difusión. Naturalmente, galeguizando o nome, de mellor xeito que o título deste correo, tamén :-) _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

