O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:11:12 damufo escribiu: > Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece > non existir a outra alternativa é manipulador que si existe.
Eu creo que «manipulador» implica que o «handler» pode facer cambios[0] sobre o «evento»[1], pero un «handler» non deixa de ser (nos casos que eu coñezo) unha función que se executa cando sucede un evento, recibindo xeralmente datos sobre o evento. É dicir, non «manipula» o evento, senón que «actúa» en reacción a este. O concepto a traducirmos aquí non é simplemente «handler», senón «event handler», e ao mellor isto nos facilita as cousas. Coincido con que «manexador» non é unha opción pouco desexable (non me gusta inventarmos termos se podemos evitalo), pero «manipulador» tampouco me acaba de convencer. En calquera caso, aquí vai unha tormenta das ideas: - manipulador (de eventos) - xestor (de eventos) - controlador (de eventos) - función (ou método) de control - función (ou método) de reacción - función (ou método) reactivo[2] - reactivo[3] - función (ou método) reactor[4] - reactor[5] - función (ou método) de tratamento (de eventos) - función (ou método) de procesamento (de eventos) - procesador (de eventos) Notas: [0] Isto é unha asunción persoal, o RAG fala de «operacións sobre [algo]», e se dende a informática aceptamos que as «operacións» poden ser de lectura, podería pasar. [1] Houbo algunha decisión sobre a tradución de «event»? Lembro falarmos diso algunha vez, pero non vexo nada no TBX das trasnadas. [2] RAG para «reactivo» como adxectivo: que reacciona, que ten capacidade de reaccionar. Nótese que como substantivo só ten o significado químico. [3] Poderíamos asignarlle un novo significado (aparte do químico). Polo menos a palabra existe. [4] Non está recoñecida como adxectivo. [5] A palabra existe, aínda que estaríamos inventándonos o significado. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

