CrEqUe escribíanos o 24 de Sep de 1999:

> vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
> que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...

        Benvido ó clube dos estudiantes de informatica na universidade :)

> de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
> en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?

        Sistemas en tempo real non sei como vai, nunca oin falar dela a
ninguén, pero para coller periféricos precisas coñecementos de "tecoloxía de
computadores", e dicir, precisas coñecementos de electrónica dixital, porque
(polo menos na miña facultade) comezan aprendéndoche a estructura interna
dun microcontrolador. De tódalas formas, se estudias na Coruña e tes sorte,
pode que so che manden aprender de todo o que che ensinen o ensamblador
dos micocontroladores 8056 (creo que era ese número), e logo xa como
funciona por dentro unha impresora, un rato, un monitor, e algunha cousa
mais, pero esta segunda parte é realmente fácil, e non precisa de
coñecementos anteriores.

        Se che gusta xogar con GTK, podes coller algo que se chame así coma
"Interfaces co usuario", na que che aprenden regras que se deben seguir para
facer uns interfaces amigables, coherentes, etc. E o mellor e que non
precisa de ningún coñecemento anterior.

        Outra para a que non precisas coñecementos previos é ciencia
cognitiva, vai sobre cómo funciona a nosa mente, é cómo se podería modelizar
para facer un sistema informático que a simulase. Fálanche algo de redes de
neuronas, pero polo menos na facultade da Coruña, ensinanche o básico para
seguilos por se se dera o caso de que non tivera-la asignatura de RNA
(chamada Sistemas conexionistas, na miña facultade). Pero para que che guste
realmente esta asignatura tívoche que picar o gusaniño da intelixencia
artificial :)

-- 
"Todalas cousas son posibles, mais non todas son convenientes." 
                                                                  San Pablo
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ] & [ IRCore developer ] & [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a