Non sei por que non chegou esta mensaxe aquí...
--- Begin Message ---
> Cartafol,  ¡SI!,  é bestial, encantame.  :D :D  Creo que é o melloriño que vin
> nunca. Preguntalle máis cousas á tua curmá.
 > > Icon:
> > ****
> >
> >         Aquí estou liado, porque nos diccionarios antigos (o Xerais do 87
> > que parece que temos case todos ;-D) di que é icono (s.m), como en
> > castelán, pero semella que nos máis modernos os lingüistas decidiron que
> > sexa icona (s.f), con xénero feminino coma no francés.
> >
> >         ¿Segue isto a ser así? (nunca se sabe cos lingüistas) ;-)

Si grazas a tan doutos señor@s temos anos bisiestos e anos con hemorroidas,
queixos con cu e cus que peidean, mais do que mais gosto son das iconas ( que
@s ipariron)

Estes tres termos serven ben para ver o magnifico traballo lexicográfico de tan
doutos líderes lingüísticos.

1) Tradicionalmente ano significaba "intervalo de tempo que tarda a terra en
percorrer a sua orbita", sendo unha palabra de uso corriqueiro en todo os
níveis da língua. Para designar con un cultismo o "ollo do cu", o mais lóxico
era ir , como o resto dos idiomas occidentais, ao latin "anus". Deste termo o
castelán derivou ano (xa que para eles esta forma non da lugar a equívocos), e
o portugués (co mesmo problema que o galego, i.e. ano=365 dias), deixouno en
"ânus". O ILG preferiu "ano", que casualmente coincide co castelán, de xeito
que hoxe en dia cando a un lle felicitan o ano entralle a suspeita se o
felicitante non terá intencións sodomíticas.

2) O nome da letra "q" en galego ten o seu aquel. Case todas as consoantes
rematan o seu nome nun "e" ( be, ce, de, ... ,eme, ene,....,erre,ese,te,...).
Unha das poucas excepcións é o "cu", que ademais non leva no seu nome a letra
en cuestión (cousa tamén excepcional). Por que esa irregularidade?. Dado que en
castelán o nome da letra é "cu" e en portugués "que" (nome que se esperaria en
galego vendo os nomes das outras letras), no estou seguro se é debido a querer
coincidir co castelán ou a un desexo de diferenciar-se do portugués. O problema
é que en galego, como en portugués, o cu é unha parte da nosa anatomia desde
muito antes que existira o ILG, dando lugar a equívocos innecesários. A non ser
que o asunto teña intención didáctica, amostrar-lles aos cativos cando
principian a estudar, cal é o papel (hixiénico) da nosa língua.

3) Mais de cando en vez non ILG surprenden-nos con escollas lexicográficas
orixinais. "Icona" é un exemplo perfeito. Segundo o dicionário de Anaya,
perdón de Xerais do ano 86, o correcto é "icono", que di provir do grego
"eiconos". Segundo o dicionário de Porto Editora, o correcto (en portugués) é
icone, que deriva do grego "eikon" polo latin tardio "icone". Gostaria de saber
como chegou ao galego como "icona", sospeito que mediante o caldeo clásico,
mais do que non teño dúbida nengunha é que non puideron achar forma mais
"graciosa". Poideron escoller icón (como no inglés, os galegos non temos
problemas nenguns para pronunciar icón, mesmo semella unha palabra
patrimonial), eicón, icono, iconos, icone, mais teñen que escoller "icona",
seguramente co louvábel propósito de que os lusistas recalcitrantes podan
desfogar ás suas carraxes descarregando o q na icona que os botou.

Na mesma liña suxiro traducir joystick (pau de gozo, pracer ou xogo) por
"icarallo".

Sobre a dúbida orixinal o meu parecer é o seguinte:

Clipboard --> area de transferéncia.
Ë a mellor tradución da que se falou, con idependéncia da língua na que se veña
usando. E expresa en perfeito galego o concepto, (lembremos que o importante
é o concepto). Portapapeis é un calco do castelán, que neste caso resulta pouco
claro. Ollo con cartafol, no vocabulario do Xis, usa-se para traducir "folder".

icon --> icone*.  Icona pareceme unha icarallada, en todo caso é preferíbel icón
ou mesmo o castelanismo icono.


* O portugués, evita a solución icono e usa icone, seguindo o exemplo de cone,
porque os nosos veciños do sul chaman-lle "cono" ao mesmo que nos cona (cumpre
aclarar que hai algunhas zonas da Galiza onde tamén se usa "cono", e tamén hai
áreas de Portugal onde se emprega "cona"). Isto demostra a superioridade do
galego, idioma muito mais adulto e consolidado que pode permitir-se estes
equívocos sen problemas, non como o pobre portugués que ten dificultades para
consolidar-se e por iso cumpre-lle andar con pudibundeces. Aceitarian os
señores da Real Academia Española o termo "icoño"?

Un saudo
        Ramón

--- End Message ---

Responderlle a