--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--- Begin Message ---
El día 05/May/2000, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribía:
["Paste" como "Pegar"]
> especialmente. Porque en portugués, o significado conserva-se, "pegar"
> significa literalmente "coller". Polo tanto, para traduzir "paste" do
> inglés, non son tan patético como os castrapos, e digo "colar", como digo
> "autocolante" e non "pegatina", e como digo "bater-lle a alguén" no canto
> de "pegarle a alguien".
:-?
¿E se no canto de disquisicións lingüísticas que non van a ningures
nos decantamos por traduci-las cousas de tal xeito que a xente as entenda?
Na miña opinión, se traduces "Paste" como "Colar", non vai haber quen
entenda o que quere dicir iso. Mal que nos pese, a traducción xa está aceptada
pola maioría dos usuarios de ordenadores (ordenadores), e tentar impo-la nosa
versión só sería unha tontería semellante á de MicroSoft cando tentou que a
súa MSN reemprazase a Internet :-)
> A ver cando te das conta de que co castrapo non se vai a nengunha
> parte. Vamos cara a desaparición do galego.
Si. Tes razón. Vamos cara a desaparición do galego porque hai moita
xente que quere sustituilo polo portugués.
E sinto moito que na lista estemos caendo na mesma discusión de sempre
(reintegracionistas contra normativos), pero é que paréceme tanto crimen
asoballa-lo galego co castelán coma asoballalo co portugués. O galego que eu
coñezo, que fala toda a xente que coñezo que fala galego (non so de Lugo,
senon tamén de Coruña, Ourense e Pontevedra) non é o reintegracionista.
Tampouco é o normativo, pero aseméllase máis a este có outro ;-)
Sei que non te vou convencer; e espero que ti saibas que tampouco me
vas convencer a min :-) Polo tanto (e isto dígoo en xeral, para ver si esta é
a última mensaxe desta índole), deixémonos de discusións bizantinas e de
política e tentemos avanzar un pouco na traducción de Linux, que é do que vai
a lista.
--
Roberto Suarez Soto · Orange is young full of daring
[email protected] · But very unsteady in the first go-round
Corgo/Lugo/Galicia/Spain ·
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe
--- End Message ---