Sun, May 07, 2000 at 04:26:17PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
>http://www3.anaya.es/diccionario/diccionar.htm >http://www.m-w.com/cgi-bin/thesaurus >http://www.garzanti.it/ Gracias polos enderezos. :-) Respecto ó de icon[aeo], non digo que non teñas razón, carallo... Pero non me tes que convencer a min de cal é a forma correcta, senón a eses lingüistas que tanto queres. ;-) Por outra banda, nin sequera no Xis usades un termo concreto (no Glosario.DBF que teño eu, aparecen icona e ícone). No último caso pódese facer unha votación, porque non creo que sexa razoable volver ter a dispersión de termos como en xanela/fiestra/ventá. >> >Ollo con cartafol, no vocabulario do Xis, usa-se para traducir "folder". >> >> De calquera xeito, se non queredes usar carpeta, teño entendido que >> cartapacio é máis semellante a carpeta, mentres que cartafol refírese tamén >> a un "portapapeis". > >Chama-me a atención como certos termos son aceptábeis ainda que ninguen os use >e outros non. Nen cartafol nen cartapacio teñen uso hoxe en dia en galego, non >sei se o tiveron nalgun tempo, mais desde logo hai muitos anos que deixaron >de telo. > >Porque por exemplo é mais aceptábel cartapacio que pasta. Se cadra >porque cartapacio é un arcaismo castelán* e pasta é un lusismo Mmmmm, téñoche que dar a razón en todo. Co de cartapacio só quería dar outra alternativa (a verdade é que a palabra é triste). Pero non sabía que pasta estaba admitida (xuraría que o mirara) :-? Substitúe entón "cartapacio" por "pasta" no que dixen na mensaxe anterior. Sigo a preferir "carpeta", pero se non a queredes usar, é mellor pasta que cartapacio (e mellor que cartafol que, insisto, gústame máis para o termo clipboard, e á maioría dos que traducimos Linux menos a ti) ;-) Tamén, manda carallo, non tiveches que traducir clipboard nin no Xis, nin no xfce, nin no Siag. :-))))) E falando disto, ¿como vai o de Mozilla? Xa lle enviei unha mensaxe a Camilo para ver cando se empeza... (Tranquilo, que se colaboro será co voso estándar) ;-) >> >consolidar-se e por iso cumpre-lle andar con pudibundeces. Aceitarian os >> >señores da Real Academia Española o termo "icoño"? >> >> Vai ti saber... non esquezas que o instrumento que levan os >> árbitros na boca non é un "pite", senón un pito. X'))) > >Na miña opinión este exemplo non fai mais que confirmar a miña hipótese, que os >nosos próceres lingüísticos non toman mui en sério a nosa língua, razón pola >cal eu non os tomo mui en sério a eles. Si, eu cho dicía polo da comparación con outras linguas... E comprendo que non tomes a serio ás academias, pero... Eu tampouco considero un gran problema o de icona, sobre todo tendo en conta que é sobre todo para a escrita (eu pronuncio pouquísimas veces "icono" en castelán). Peor sería se comezase por cona (aínda que ninguén lle asusta algo como "peneira", salvando as distancias) -- _ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97 _| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras

