A ver como o digo... Hai varias traduccións de aplicacións GNU feitas e que non podemos subir, nin facer oficiais, porque os traductores ainda non teñen o seu "Translation Disclaimer" procesado.
Como esta situación é incómoda e indesexable, a partires de agora, NON VOU ACEPTAR traduccións de programas GNU que precisen disclaimer, se o traductor non ten o disclaimer procesado no momento no que me envíe a traducción. Por outro lado, as traduccións que xa teño aceptadas, vounas "conquistar", e poñelas ao meu nome, e envialas co meu nome, e a partires de agora mantereinas eu. Cando os seus autores teñan o disclaimer procesado, que me manden unha mensaxe e devolvereillas. Isto non afecta ás traduccións que non sexan de aplicacións GNU, nin ás traduccións de aplicacións GNU que non esixan disclaimer. Consultas e comentarios, dirixídeos a [email protected] ou [email protected]. ... tiña que ter feito isto hai moito tempo. -- Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mensaxe

