Ola,

        ¿A alguén se lle ocorre algunha traducción razoable para 'probe', e
que sirva para tódolos casos?

        O habitual é traducilo como 'detectar' (e probing=detección),
pero ás veces iso non encaixa:

"Most modern PCI video cards can be probed, and Xconfigurator will "
"automatically determine the best video mode/color depth"

        Aí non se detecta nada, mais se "investiga", "analiza", "pescuda",
"inquire"... (estas palabras se achegan máis ó significado orixinal de
'probe')

        O problema é que ningunha me soa demasiado ben... Polo momento uso
analizar/análise, pero tampouco é ningunha marabilla.

        ¿Suxestións?

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a