olá: en principio as páxinas vanse poñer inminentemente (toco madeira), e aínda non hai un logo "de verdade". así que anúncioo aquí a ver se a alguén se anima. algunas consideracións ...
pódese facer un animaliño simpático que non teña que ver co nome (Linux -> Tux), ou no noso caso sería máis apropiado en relación co nome (GNU -> os varios ñúes, SLUG -> babosa) aínda que non fora un animaliño (GNOME -> pegada dun nomo en forma de "G", Apache -> pluma). así que podería ser un trasno en acción ou algo que lembrara un trasno. a outra vertente é facelo en letra, tal como o logo de slashdot. despois existen moitas variantes por suposto, como unha composición das dúas vertentes: unha figura xogando ente as letras de trasno, unha figura con "trasno" debaixo para aclarar (Apache, GNOME ás veces), algo semellante ao extraño logo de Sun Microsystems ... ben, supoño que colledes a idea, só tento apuntar algunhas direccións polas que podedes camiñar ... despois se hai varios, votaremos ou o que sexa, o procedemento habitual nestes casos. e propoño que, dependendo do noso presuposto nulo, a@ autor@ lle deamos unha viaxe con ningún gasto pago polos satélites de Marte ou mesmo unha semana de colegueo con RMS ou Linus (a escoller), e a@s participantes un aplauso virtual ... ;)) aburinho!! ________________________________________________________________________ Manuel A. Fernández Montecelo <man...@linuxfan.com> -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe