O Thu 13 Jul 2000 00:34:28 +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:
> > O que se me ocorre é que ... ¿alguen ten por aí un libro de > > mitoloxía > > galega? Digo por iso de saber cómo é un "Galaicus Trasnus" :-) > Existe o "Diccionario dos seres míticos galegos", Xerais. Se alguen o > ten... Eu téñoo... e como a lei da propiedade intelectual me permite facer citas, pois cito :-) Trasno [...] Tense descrito, pola súa aparencia e polas falcatruadas ou trasnadas que fai, de moitos xeitos. Se atendemos ó seu aspecto: Pode ter figura de home pequeno, vestido con sotana moura en un par de cornos. # De anano saltarín que sempre está rindo, con barbas longas e pucho encarnado. # De home alto, coa cara cuberta e unhas veces con rabo e cornos e outras sen eles. # De año novo, simulando ter moito frío para provocar a compaixón da xente. Se alguén o colle, escapa logo, voando e rindo ás gargalladas. # Igual ca un home, pero con pernas de cabra, con rabo e un só corno. # Con forma de ovella, de carneiro ou de cabrita vermella. # Con forma de porco ou porcos, ou calquera animal da casa. A un faltábanlle os porcos do cortello, foinos buscar e viunos nunhas cabozas. Intentou sacalos pero volvían ó sitio e así moitas veces, ata que cansou e decidiu volver para a casa. Antes de se deitar, volveu polo cortello e resultou que os porcos verdadeiros estaban deitados moi tranquilos. # A un home acompañouno durante seis quilómetros, de Lamas de Moreira a Vilarmaior de Arroxo, un cadaleito, no medio da noite, posto ó seu par. Antes de entrar na casa desapareceu. # Con cornos e fociño de xato, sen rabo, pero coas pernas de cabra, ainda que máis longas e grosas. # En figura de gato negro ou verde co pelo moi fino. # Ás mozas novas adoita presentárselles como un meniño, espido e abandonado, tremendo de frío. ¿Quen non ía recoller ese pobre meniño e deitalo na cama para facerlle entrar en calor? Se é o trasno, aló a media noite pode pegar un estoupido e desaparecer ou brincar da cama e agradecerlle entre risadas á rapaza terlle quentado o cu. Unha broma idéntica fai o lange wapper. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda "Diccionario dos seres míticos galegos" Edicións Xerais de Galicia -- Tarrío Fidonet: 2:348/105.93 (Compostela) -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mesaxe

