El día 11/Jul/2000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> despois se hai varios, votaremos ou o que sexa, o procedemento habitual
> nestes casos. e propoño que, dependendo do noso presuposto nulo, a@
> autor@ lle deamos unha viaxe con ningún gasto pago polos satélites de
> Marte ou mesmo unha semana de colegueo con RMS ou Linus (a escoller), e
> a@s participantes un aplauso virtual ... ;))
Ben, eu penso que poderiamos matar dous paxaros dun tiro si fixesemos
isto ... "ó grande" :-) ¿Qué quero dicir? Pois, por exemplo, pór unha mensaxe
en BarraPunto anunciando un concurso para o logo do proxecto Trasno, e de paso
dando algunha información sobre el. Así conseguiríamos que a xente se
interesase polo proxecto, aínda que só fose para saber cómo participar no
concurso, e de paso ó ter un número grande de xente participando o resultado
sería mellor :-) O premio poderiamos ver de pagalo en GPUL, que para cousas
como ista é para o que están os cartos :-)
¿Que vos parece?
--
Roberto Suarez Soto · The squeaky wheel doesn't always get the grease.
[email protected] · Sometimes it gets replaced.
Corgo/Lugo/Galicia/Spain ·
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe