Ola,
Como se explica na páxina web que xa debistes ver }:), quen queira
pode colaborar na traducción de KDE. Xa están case traducidos os dous
primeiros ficheiros necesarios, e cun pouco de sorte poderemos crea-lo
grupo máis adiante en agosto.
A páxina aínda non ten moitos contidos, pero está o básico. Tendes
que falar con Alejandro Pose ([email protected]) que é quen coordena o asunto
da asignación de paquetes (para evitar traballo repetido)
Mándolle tamén a mensaxe ás outras dúas persoas que dixeron que
querían colaborar. Espero que coa axuda que hai na páxina lles sexa
dabondo para non ter demasiados problemas.
Lembrade:
http://trasno.gpul.org/kde/
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe