Ola,

        Polo momento aínda non está moi difundido, pero pode que atopedes
algún .po que soporte os plurais do novo gettext.  O formato deste tipo
especial de mensaxes é o seguinte:

msgid "found %d fatal error"
msgid_plural "found %d fatal errors"
msgstr[0] "atopouse %d erro grave"
msgstr[1] "atopáronse %d erros graves"

        É dicir, en vez de haber un msgid como habitualmente, ten outro que
é msgid_plural (que é a cadea en plural en inglés).  As cadeas traducidas
son polo tanto dúas.  A [0], para o caso singular (que no caso do galego é
cando hai 1 elemento), e [1] para o caso plural (para cando hai 0
elementos ou máis de 1)

        Estes índices (0 e 1), non son caprichosos, deben ser definidos na
cabeceira do ficheiro, á que hai que engadir esta liña:

"Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n!=1)\n"

        'nplurals' indica o número de plurais diferentes (que ao seren
2, os índices serán 0 e 1), e 'plural' é un valor que depende de n, e
que determina cal dos índices hai que usar.

        P.ex:  n=27 -> plural=1 -> úsase msgstr[1]
               n=1  -> plural=0 -> úsase msgstr[0]
               n=0  -> plural=1 -> úsase msgstr[1]

        Tamén sería posible usar plural=(n==1) e logo usar o índice 0 para
o plural e o 1 para o singular, pero xa serían ganas de ir contra todo o
mundo. :D

        Espero que quedase ben explicado. :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a