Ola,
Estiven hoxe a actualizar un pouquiño a web, e o sistema de
actualización das traduccións. Supoño que esta noite non funcionará nada
:D, así que se durante uns días as cousas non aparecen como deberían, non
vos preocupedes ;)
Modifiquei o texto informativo de GNOME e KDE, puxen outra páxina
para a documentación de KDE (aínda que non haxa nada), engadín un script
para actualizar automaticamente as traduccións de GNU, actualicei o
taboleiro co resume das traduccións na páxina inicial, e algunha outra
cousa que non se mira.
Aínda teño que afinar as estatísticas de gnome para que sexan máis
automáticas (que non faga cousas raras coas branches), e mirar que conicha
lles pasa ás de kde que levan varios meses sen se actualizar.
Cando todo vaia, poreime a subir aos cvs de gnome e kde todo o que
vai atrasado ;) A ver se aínda me dura un tempiño a euforia :D
(Para os rápidos: os cambios non aparecerán ata as 3 da noite cando
se actualice do cvs) ;)
--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe