Ola. Envíovos esta mensaxe para que saibades que tedes un novo colaborador. Aínda que estiven a botarlle un ollo á páxina, querería saber que estades a traducir agora, algún programa en especial, para botarvos unha man con ese (non sei cal é o voso método de traballo). Ata agora só fixen unha traducción, e foi dun software para Windows (BSPlayer). A traducción distribúese coas novas versións do programa, aínda que non está moi revisada. Últimamente estiven a revisar algunhas traduccións de aMSN, páxinas de man,... Agradecería que algén se puxese en contacto comigo, para indicarme por onde me recomendades comezar. ¿Por certo, existe algunha traducción a galego de eMule para Linux ou estades a traballar nalgunha?
Espero as vosas indicacións. -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mensaxe

