Ola Iván.

Benvido a Trasno, sempre se agradece xente nova :-)
Sobre por onde empezar a traducir pareceme que a traducción de kde xa 
está algo organizada (preguntalle a Massimodutti se che interesa 
traducir kde). A miña recomendación é que para comezares escollas un 
programa que che guste, que o uses a cotio e que o traduzas, vaiche 
resultar moito máis doado e levadeiro; despois xa te iras metendo en 
berenxenais máis grandes ;-). Se che interesa pode ser o mesmo lMule 
(se é traducible).

Un saudo.

O Jueves, 19 de Junio de 2003 07:24, Iván Pérez Domínguez escribiu:
> Ola. Envíovos esta mensaxe para que saibades que tedes un novo
> colaborador. Aínda que estiven a botarlle un ollo á páxina, querería
> saber que estades a traducir agora, algún programa en especial, para
> botarvos unha man con ese (non sei cal é o voso método de traballo).
> Ata agora só fixen unha traducción, e foi dun software para Windows
> (BSPlayer). A traducción distribúese coas novas versións do programa,
> aínda que non está moi revisada. Últimamente estiven a revisar
> algunhas traduccións de aMSN, páxinas de man,...
> Agradecería que algén se puxese en contacto comigo, para indicarme
> por onde me recomendades comezar. ¿Por certo, existe algunha
> traducción a galego de eMule para Linux ou estades a traballar
> nalgunha?
>
> Espero as vosas indicacións.
>
>
>
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mensaxe

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a