Tes talento, vas pasar á historia coma o primer informático-literato .... ;))
O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu: > Costumismo galego en tres actos e epílogo. > > -- ¿Oiches, Pepe?... > -- ¿Que pasa, Manuel? > -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2. > -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela. > -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios. > -- ¿E onde se pode baixar? > -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña > non falla. > -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida. > -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese? > -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e... > -- Iso, iso, merda para a Telefónica. > > Corenta e oito horas máis tarde... > > -- Que, ¿como vai, Pepe? > -- Xa acaba mesmo de rematar. > -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo. > -- É que a Marela dá moi boa bosta. > > -- Vale, vale, ¿e como se instala? > -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei, > e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit, > Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a > http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión > de Mozilla que teño instalada. > -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso. > -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que > remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu > usuario habitual. > -- ¿E se fora o mesmo usuario? > -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences, > Appearance, Languages, e aí ves, "Galego". Selecciónoo, doulle a > Aceptar e volvo saír do Mozilla. > -- ¿Saír outra vez? > -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora > arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser. > > -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e > todo. > -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo.
pgp35sJDcHx02.pgp
Description: signature

