Costumismo galego en tres actos e epílogo.
-- ¿Oiches, Pepe?...
-- ¿Que pasa, Manuel?
-- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.
-- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela.
-- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios.
-- ¿E onde se pode baixar?
-- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña
non falla.
-- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
-- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
-- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...
-- Iso, iso, merda para a Telefónica.
Corenta e oito horas máis tarde...
-- Que, ¿como vai, Pepe?
-- Xa acaba mesmo de rematar.
-- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo.
-- É que a Marela dá moi boa bosta.
-- Vale, vale, ¿e como se instala?
-- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei,
e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit,
Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a
http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión
de Mozilla que teño instalada.
-- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso.
-- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que
remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu
usuario habitual.
-- ¿E se fora o mesmo usuario?
-- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences,
Appearance, Languages, e aí ves, "Galego". Selecciónoo, doulle a Aceptar
e volvo saír do Mozilla.
-- ¿Saír outra vez?
-- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora
arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser.
-- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e
todo.
-- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo.
--
Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe