Hoxe, Venres 16 de Xaneiro rematou o prazo para pór as traduccións de KDE no
cvs oficial. Polo tanto, coido que sería bo informar do estado da traducción:

A día de hoxe hai 26.300 mensaxes traducidas en total, o correspondente
a un 36 % de 70.000 mensaxes. A política empregada polos responsables
de KDE para publicar as traduccións na vindeira versión de KDE, a 3.2,
fará posíbel que o galego se inclúa na liberación prevista para dentro de unha
semana.

Anque a porcentaxe cause poucas sensacións, hai que dicir que a traducción
que se fixo de KDE tentou ser o máis selectiva posíbel; é dicir, só se 
traduciron aqueles aspectos do escritorio de emprego máis usual, de xeito
que o usuario poderá notar (agardo, porque poidemos errar na selección)
un escritorio bastante traducido (omitiuse toda esa ristra de aplicacións que 
veñen con KDE e que case ninguén emprega e outras grandes coma quanta,
kdevelop,... porque non houbo tempo e coidamos que os programadores non
terían problema en usalas en inglés coma o estiveron a facer ata agora). Deste
xeito, está traducido:

-KDEBASE por completo (kate,Centro de Control, Menús, Consola .... ::))
-KDE e Redes - Konqueror,kopete,kget,kppp,kcmlanbrowser...
-KDE para Oficina - KMail,Korganizer,Kaddressbook,knode,kontact,knotes...
-KDE e Gráficos - Todo tódolos visores de 
imaxes,kpaint,kghostview,kpdf,kfax...
-KDE e Educación - algo hai, coma keduca,klettres,kmessedwords e flashkard
-KDE e Xogos - hai bastantes, tamén
-KDE e Multimedia - noatun,kmix,krec,kaboodle.
-KDE e Xoguetes - Bastantes traducidos.
-KDE eUtilidades-kgpg,ark,klaptopdaemon,kcmkvaio,kwalletmanager,kedit,kfloppy

e moitas outras cousiñas que non veñen a conto nunha lista se se lle pretende 
chamar resumo propagandista.

É dicir, a nación vai camiño do superávit, crecendo a unha media superior á 
europea, pero estando por debaixo da media europea, reducindo o paro un mes 
si e outros tres non porque non se informa de que sube,estabelecendo boas 
relacións cos compas americanos, reducindo o aumento da inflacción, aínda que 
se debería dicir que houbo inflacción e o que aumentaron foron os prezos.

Deixando as coñas, gracias a tódolos colaboradores. Quizabes fixeran falta 
máis para poder manter este ritmo, sobretodo porque cando empecen os cambios
masivos nas fontes do CVS han de aumenta-los fuzzy a fume de carozo. Tamén 
faría falta, a vindeira vez, unha rolda de corrección unhas semanas antes de 
que se conxele o CVS, porque estiven a mirar algunhas traduccións e sei de 
algún e algún outro que debería revisa-las normas ortográficas e mirar polo 
diccionario de inglés de vez en cando (que non se me poña ninguén á caza de 
erros nesta mensaxe eh? ::)).

Máis nada, ata outra.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a