On Mon, Jul 19, 2004 at 03:34:24PM +0200, unho wrote: > A licencia non viña en ningun programa, senon que baixei a paxina web que > tiña a GPL para traducila ao galego estandar. Non me digades que non o podo > facer, porque xa hai unha traduccion da GNU GPL ao galego ainda que con > outra normativa e que se pode visitar indo ao enderezo: > http://members.tripod.com.br/RamonFlores/GNU/gpl.html . Ou polo menos eu > puidena baixar dende ese mesmo enderezo hai algun tempo. Asi que non hai > razons para non traducir a GPL ao galego estandar ca fin de facilita-la > comprension da mesma.
Xa está feito. Traducíuse hai uns anos, dentro de Galego21. Anxo Forxán (se non recordo mal) se encargou de traducila e eu de revisala. Obviamente non está adaptada (aínda) á nova normativa. Se queres partir dela en lugar de traducir de cero, podes baixala de: http://femerlin.usc.es/~sdocio/gpl.txt Esas reticencias en torno á tradución das licencias non se deben a que non se poidan traducir. Simplemente creo que a única con validez legal é a versión inglesa, e as outras só teñen un valor puramente informativo. Saúdos, -- Susana Sotelo Docío http://www.linghoo.com/de/sdocio _o) / \\ "Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas _(___V cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo #96506 _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

