On 12/1/05, "Xabi García" <xab...@gmx.net> wrote:
> Sinto non poder respostar con anterioridade, estaba ocupado.
> Para enviarlles traducións aos do grupo GNU (os programas que deleguen en
> GNU a tradución) tes que mandarlles o translation disclaimer. Se o programa
> non se acolleu á tradución mediante o proxecto GNU (léase KDE ou GNOME, ou
> calquera programador que pide que lle envies a el directamente a tradución)
> pois podes evitarte todo o trámite.
>
> Se che digo a verdade nunca entendín que sentido ten o proxecto GNU
> inmiscuíndose (agrupando) as traducións. Pode que nunha primeira época cando
> o ámbito de tradución fóra pequeno o asunto resultase útil, pero hoxe en día
> non hai xeito de centralizar a tradución de calquera programa GNU baixo un
> só proxecto, como comprenderás.
>
> Proba a enviarlle a tradución directamente ao autor, que se é benévolo e
> confiado, vaina aceptar sen problemas e sen sospeitas de que o vas a
> demandar por incumplimento de Copyright ;).
>
> Agardo que che servira de algo.

Moitas gracias, Xabi. Iso é máis ou menos o que quería saber, creo.
Non te preocupes pola tardanza, que eu tampouco leo o correo moi a
miúdo.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a