Moitas Gracias!!

José Ramom Flores d'as Seixas escribió:
Em Terça 11 Julho 2006 12:47, o Daniel Muñiz Fontoira escrebeu:
  
Alguén podería por un mapa de como chegar. Valeme un do google.
 Saudos e grazas.
    
http://www.usc.es/estaticos/info_xeral/planos/santiago_gl.jpg

É o edifício 51 do mapa. 

A reunión é na Residéncia Monte da Condesa, que está no campus sul da 
Universidade de Santiago, en Santiago.

COMO CHEGAR EN COMBOIO:

A estación de comboios é o edifício 31 do mapa.



COMO CHEGAR EN AUTOMÓVEL:

Desde CORUÑA ou PONTEVEDRA por autoestrada

1) Sair na saída 75 da autoestrada, en dirección Noia, (Santiago Sul).
2) A pouco de sair da autoestrada ha unha rotunda elevada. Subir a rotunda e 
coller en dirección centro urbano. 
3) Na segunda rotunda, realmente unha minirotunda, coller a 3ª rua (a que fica 
a nosa esquerda antes de entrar na rotunda, e que recebe o nome de Mestre 
Mateo). Veremos entón unha porta de pedra de entrada ao campus.
4) Tras andar uns poucos metros por Avda. Mestre Mateo viramos á direita, 
entrando na rua Dr. Angel J. Echeverri, a que aparece no mapa 37 e 45. 
Estamos xa no campus sul.
5) Segue-se por Angel Echeverri até a Avda. das Ciéncias, virando entón á
esquerda pola dita avda (realmente unha rua non moi larga).
6) Segue-se por Avda. das Ciéncias até a sua desembocadura en Novoa Santos, 
onde cumpre virar á esquerda.
7) Tras andar uns poucos metros por Novoa Santos vira-se á direita por José 
Maria Suarez Nuñez até un pavillón. 
8) Colle-se entón a direita por Xoaquin Diaz de Rábago, até a primeira rua a 
esquerda, rua pola que cumpre mete-se. Segue-se pola rua até un aparcadoiro, 
aparca-se e procura-se a Residéncia, que fica diante do aparcadoiro.


Desde OURENSE

Pouco antes de chegar a Santiago, tanto pola autoestrada como pola estrada, ha 
unha entrada para a autoestrada A9. Entre-se na autoestrada en dirección 
Pontevedra e saia-se na seguinte saída, a nº 75, en dirección Noia (Santiago 
Sul), este treito é gratuito. Sigan-se entón as instrucións anteriores.


Desde LUGO

Ao sair da autovia que ven de Labacolla tomar en dirección Pontevedra, 
(Ourense, Santiago Sul, Santiago Este). Aos poucos ha unha entrada para a 
autoestrada A9, collé-la en dirección Pontevedra, e sair na saída 75 (é a 
segunda) en dirección Noia. Este treito é gratuito. Sigan-se entón as 
instrucións anteriores.


Desde PONTEVEDRA por estrada.

Pasado Milladoiro en dirección Santiago está a saída 75 da A9. Seguir as 
instrucións anteriores.

Desde CORUÑA por estrada.

1) A estrada da Coruña desemboca na Avda de San Caetano, que é onde están os 
edifícios da Xunta.
2) Siga-se pola Avda de San Caetano, deixando a Xunta a mao esquerda, até unha 
rotunda con a estatua dun peregrino no meio. Nesa rotunda cumpre coller pola 
avda de Xoan XXII, que ven sendo a continuación da Avda. de San Caetano.
3) Baixa-se pola avda. Xoan XXII até que se estreita, seguir por ela, polo 
treito estreito até chegar a zona vella.
4) Deixando a mao direita o Mosteiro de San Francisco, edifício nº 16, 
baixa-se pola costa de San Francisco até a rua de Entrerrios.
5) Vira-se entón á direita, collendo pola rua Entrerrios.
6) A rua Entrerrios desemboca na rua Galeras. Vira-se entón á esquerda, indo 
pola rua Galeras, até o final da mesma.
7) A rua Galeras desemboca nun cruce, onde temos que coller á direita pola rua 
San Lourenzo. 
8) Segue-se pola rua San Lourenzo un bon treito até chegar a unha carvalleira, 
a caballeira de San Lourenzo, ao finalizar esta mini-carvalleira ha un pazo a 
mao direita.
9) En frente do pazo sobe a rua Xanquín Diaz de Rábago. Sobe-se por esta rua 
até a primeira rua á direita. Entra-se por esa rua e segue-se até un 
aparcadoiro, aparca-se e procura-se a Residéncia, que fica diante do 
aparcadoiro.


Se ha alguén que veña por unha estrada distinta que mo diga, que por hoxe xa 
cansei de dar indicacións.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a