> a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
> ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
> commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
> facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
> avisarán.

Non che sei, se cadra hai algún problema cos Makefile.am. O normal é que para 
engadir ficheiros.po non haxa necesidade de facer algo máis que un cvs add && 
cvs commit.

>
> b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
> subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
> merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai 
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un 
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r55556 ficheiro.po.r55557. O mine é a túa 
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes 
que facer un 

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r55557 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis 
que creaches na versión local. Fas un 

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o 
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para 
resolver conflictos de cvs.

>
> Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
> que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
> Core logo?
>
> Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
> dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
>
> On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez <j...@pobox.com> wrote:
> > O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:
> > >CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
> > >(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
> > >meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
> > >para parvos a ver se se anima a traducir alguén.
> >
> >         Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
> > documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
> > entre <code></code>, para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
> > subir os ficheiros?
> >
> >         Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
> > coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
> > prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co
> > CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas
> > contas para un mesmo grupo de tradución :)
> >
> > --
> > Unha aperta,
> > Jesús Bravo Álvarez
> > _______________________________________________
> > Trasno mailing list
> > tra...@ceu.fi.udc.es
> > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a