Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.
¿Pero que fago cando o teña que facer dende outro ordenador (teño a
clave neste, igual o teño que facer dende Windows)?
Por outra parte as dúbidas que teño agora son:
a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
avisarán.
b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?
Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
Core logo?
Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez <[email protected]> wrote:
O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:
>CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
>(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
>meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
>para parvos a ver se se anima a traducir alguén.
Que problema tes exactamente? Polo que vexo na wiki, xa
documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
entre <code></code>, para que sexa máis lexible). Puideches finalmente
subir os ficheiros?
Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
coordinador. Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN.
Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas
para un mesmo grupo de tradución :)
--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno