Estiven mirando a páxina sobre Fedora Core que hai en trasno e da
pouca información que da case mete medo poñerse a traducir. Estou
mirando a ver se consigo subir algunha actualización de traducción ó
CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
para parvos a ver se se anima a traducir alguén.
Se alguén sabe como se fai, que mo diga.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 7/19/06, Leandro Regueiro <[email protected]> wrote:
Ola a todos.
Estiven pensando en traducir algo de Fedora Core. Estiven mirando un
pouco e non sei manexarme co cvs. Se alguén me pode indicar que é o
que teño que facer agradeceríalle a axuda.
Ata logo,
Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno