On 8/4/06, Daniel Muñiz Fontoira <[email protected]> wrote:
X a teño instalada, grazas!! todo vai perfecto.
Jacobo Tarrio escribió:
> Xa está dispoñible a beta 2 da miña tradución non oficial de Mozilla
> Firefox 1.5 en http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla .
>
> Publícoa baixo a licenza FOQQCIMNMTAC (Fai O Que Queiras Con Isto Mais Non
> Me Tolees A Cabeza).
Agora xa non podemos protestar :-(
> Para empregala:
>
> 1) Descargade a tradución dende o URL:
> http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi
>
> 2) Abride o ficheiro no Firefox (poñendo a ruta completa na barra de
> enderezos ou con File->Open file -- ou Ficheiro->Abrir ficheiro se xa
> empregades a beta 1 da tradución).
>
> 3) Saíde de Firefox.
>
> 4) Arrincade Firefox coa opción "-uilocale gl-ES".
>
> 5) Botádelle unha ollada e dicídeme os problemas que atopedes.
Dende logo.
> Algúns dos cambios que tén:
>
> * Cambiado "pestana" por "lingüeta"
> * Cambiado "persoalizar" (e derivados) por "personalizar"
> * Cambiado "ordear" (e derivados) por "ordenar"
> * Cambiado "suliñar" por "subliñar"
> * Cambiados "Léronse %1$S" e "Escribíronse %1$S" por "A ler de %1$S" e "A
> escribir en %1$S"
Están aquí tódalas cousas que comentamos?
> Erro que queda por arranxar (descuberto despois de subir a tradución):
>
> * Aparece "comando". Un comando é un grupo entrenado para misións de asalto
> por sorpresa. Hai que cambialo por "orde".
Seguro que é un grupo de asalto? Haberá que engadila ó glosario logo.
Ata logo,
Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno