Xa está dispoñible a beta 2 da miña tradución non oficial de Mozilla
Firefox 1.5 en http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla .
Publícoa baixo a licenza FOQQCIMNMTAC (Fai O Que Queiras Con Isto Mais Non
Me Tolees A Cabeza).
Para empregala:
1) Descargade a tradución dende o URL:
http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi
2) Abride o ficheiro no Firefox (poñendo a ruta completa na barra de
enderezos ou con File->Open file -- ou Ficheiro->Abrir ficheiro se xa
empregades a beta 1 da tradución).
3) Saíde de Firefox.
4) Arrincade Firefox coa opción "-uilocale gl-ES".
5) Botádelle unha ollada e dicídeme os problemas que atopedes.
Algúns dos cambios que tén:
* Cambiado "pestana" por "lingüeta"
* Cambiado "persoalizar" (e derivados) por "personalizar"
* Cambiado "ordear" (e derivados) por "ordenar"
* Cambiado "suliñar" por "subliñar"
* Cambiados "Léronse %1$S" e "Escribíronse %1$S" por "A ler de %1$S" e "A
escribir en %1$S"
Erro que queda por arranxar (descuberto despois de subir a tradución):
* Aparece "comando". Un comando é un grupo entrenado para misións de asalto
por sorpresa. Hai que cambialo por "orde".
--
Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno