Veño de subir ao meu servidor a versión 1.0 da tradución non oficial ao galego de Mozilla Firefox 1.5.
Para poder ter Firefox en galego non é preciso desinstalar a versión en inglés ou castelán e instalar unha versión en galego; a tradución é unha extensión para Firefox que se pode aplicar nun Firefox xa instalado para facer que apareza en galego. A mesma extensión serve para calquera versión de Firefox na serie 1.5 (1.5, 1.5.0.1, ...) en Windows, Linux/Unix e MacOS. Pódese descargar a tradución no seguinte URL: http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi As instrucións de instalación e accesos ás versións antigas da tradución están no seguinte URL: http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla Desfrutádeo e dádelle publicidade á cousa :) -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/ _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno