Ola,
esta non é a versión oficial, senón a beta 2, a axuda aparece toda en inglés.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 8/18/06, Jacobo Tarrio <[email protected]> wrote:
Veño de subir ao meu servidor a versión 1.0 da tradución non oficial ao
galego de Mozilla Firefox 1.5.
Para poder ter Firefox en galego non é preciso desinstalar a versión en
inglés ou castelán e instalar unha versión en galego; a tradución é unha
extensión para Firefox que se pode aplicar nun Firefox xa instalado para
facer que apareza en galego. A mesma extensión serve para calquera versión
de Firefox na serie 1.5 (1.5, 1.5.0.1, ...) en Windows, Linux/Unix e MacOS.
Pódese descargar a tradución no seguinte URL:
http://jacobo.tarrio.org/files/soft/mozilla/firefox-1.5_gl-ES.xpi
As instrucións de instalación e accesos ás versións antigas da tradución
están no seguinte URL:
http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla
Desfrutádeo e dádelle publicidade á cousa :)
--
Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno