---------- Mensagem Reencaminhada ---------- Subject: [Porrinho] Aberta a inscrición das Xornadas List-Post: [email protected] Date: Domingo 22 Outubro 2006 07:57 From: "Roberto Brenlla" <[email protected]> To: [email protected]
Olá, Pregamos a máxima difusión internacional desta mensaxe porque é oficial a celebración das Xornadas do Porriño e ademais xa está aberto o prazo de inscrición. Tamén é bo que vos inscribades os que participedes nel coma relatores ou mestres en obradoiros aínda que non sexa imprescindible. O anuncio é este (está na web de AGNIX.org): ### Do 30 de novembro ao 3 de decembro 2006 celebraranse no Concello do Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres promovidas e organizadas por AGNIX e co total apoio e implicación do actual goberno do concello. Podes inscribirte de balde aquí ou tamén premendo no banner. O evento ten un atractivo programa que xirará ao redor de seis mesas temáticas e obradoiros técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal e Galicia xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica, en vindeiras ocasións. As xornadas contan co apoio de GALPon, Mancomun.org, Direción Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, CESGA e mailo Xacobeo. Ata a súa celebración amosaremos polo miúdo moitos máis detalles en AGNIX.org. ### É evidente que un evento desta magnitude implica a colaboración de moita xente mais permitídime que agradeza nomeadamente o gran esforzo de Manuel Hermo, Xabier Alonso, Daniel Couso, Víctor Andrade, Sepe e, especialmente, aos amigos de GALPon e tódolos que apoian técnica ou economicamente este proxecto. Forte abraço, -- Roberto Brenlla www.agnix.org _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

